GALICIA > Bitácora > A utilidade das linguas

A utilidade das linguas

18/01/2015

O fundametnal dunha lingua é que esta sirva para comunicarse.

Paréceme que o que acabo de indicar pode presentar pouca discusión. Pero, sen embargo, moitas veces fálase das linguas en termos de utilitarismo e parece esquecerse nese caso o fundamental de para que deben servir, non facéndose unha axeitada valoración da utilidade que as linguas, principalmente aquelas que non teñen números millonarios de falantes, presentan.

Unha reflexión sobre esta cuestión é a que me trae a recoller hoxe aquí as opinións vertidas hai uns meses por Juan Carlos Moreno Cabrera nunha entrevista que lle fixeron na TVE.

Como poderá verse seguidamente, mantense por parte deste catedrático de lingüística na Universidade Autónoma de Madrid que todas as linguas humanas son linguas de comunicación. Á vez, opina sobre a utilidade, no ábmbito español, tanto da lingua galega como da catalá e a vasca, nun ambiente que parece proclive a destacar a utilidade da lingua inglesa fronte a outras.

 

Entrevista a Juan Carlos Moreno Cabrera

Etiquetas: utilidade idioma comunicacion

Comentarios

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos