GALICIA > Bitácora > Desleixo consciente co idioma

Desleixo consciente co idioma

30/12/2019

As recentes recomendacións do Consello de Europa ás autoridades españolas en relación co uso das linguas rexionais ou minoritarias volve poñer de manifesto a preocupante situación do uso do galego. A realidade constatada, que destaca a problemática existente no ámbito da Xustiza e o pouco uso pola Administración xeral do Estado das linguas distintas do español, orixinou tamén unha recomendación particular en canto a eliminar as restricións que limitan poder ensinar en galego en Galicia.

Tito Diéguez, no artigo que leva por título o que se reproduce nesta entrada, a partir da existencia do informe que orixina as recomendacións ditas, fai unha interesante reflexión, que comparto. Aquí vou reproducir só a conclusión: España comprometeuse a preservar a riqueza lingüística, pero non cumpre, sobre todo en Galicia, para satisfacción dos unitaristas.

Etiquetas: idioma uso-do-galego

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos