GALICIA > Bitácora > Coñecemento e uso do galego

Coñecemento e uso do galego

10/12/2014

A enquisa de condicións de vida das familias que elabora o Instituto Galego de Estatística incluíu no ano 2013 un módulo específico dedicado ao coñecemento e uso da lingua galega.

En tal módulo analizouse o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais.

Da análise dos datos obtidos coa enquisa sobre o coñecemento e uso do galego, os cales foron publicados recentemente, tíranse, entre outras, as seguintes conclusións, que considero moi preocupantes para a vitalidade da nosa lingua:

  • Entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe dos que sabe falar pouco ou nada o galego increméntase ata o 22,70%, mentres que entre a poboación de 65 ou máis anos non chega ao 9%.
  • En 2013, algo máis do 26% dos residentes en Galicia falan sempre en castelán, 6 puntos porcentuais máis que en 2008.
  • Entre os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos, o 13,20% habitualmente sempre fala en galego, o 11,91% máis en galego ca castelán e o 74,88% restante utiliza sempre o castelán ou máis castelán ca galego.
  • Entre as persoas que sempre falan en galego, o 33,58% escribe habitualmente na mesma lingua e o 66,42% faino en castelán. No tocante á lingua habitual de escritura, apenas se produciron cambios no último quinquenio e o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polos galegos, sendo a porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en castelán do 83,7%.

Convido a pensar na situación que a enquisa describe e a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua, tal como o ten feito Víctor F. Freixanes á vista das cifras do galego ás que me referín. Recoméndovos a lectura do seu artigo sobre este tema.

Etiquetas: idioma

Comentarios

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos