GALICIA > Bitácora > As palabras de Filgueira Valverde

As palabras de Filgueira Valverde

17/05/2015

Como é ben sabido, o Día das Letras Galegas dedícase en 2015 á figura de Xosé Filgueira Valverde. Por tal razón, tal como se informa no portal web da Real Academia Galega, ao redor da súa figura téñense feito numerosos estudos e incontables análises, que teñen xerado unha morea de producións culturais.

Eu convido a ampliar o coñecemento sobre a figura de Filgueira, coas súas luces e sombras. E, para incitar a iso, non fago outra cousa que acudir ao Portal das Palabras e escoller As palabras de Filgueira Valverde, sete palabras que nos brindan a oportunidade de, a partir delas, poder agrandar o coñecemento que cada un de nós teña sobre o autor ao que a Academia este ano decidiu homenaxear.

Etiquetas: conmemoracion

Comentarios

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos